Proba de editor

3 12 2008

Esta é unha proba para ver se podemos publicar no blog de biblioleiros





Ler para Saber: Ciencia Amena para Mentes Inquedas

2 12 2008

Charla de Xurxo Mariño.

O venres 28 de novembro, tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda, a charla do biólogo e investigador do grupo de neurociencia e control motor da Universidade da Coruña.





Película da semana: «Vidas Rebeldes» de John Huston

2 12 2008

vidas-rebeldes 

Clásico absoluto de John Huston, realizada en 1961 e protagonizada por Clark Gable, Montogomery Clift e Marilyn Monroe, en base a un guión de Arthur Miller.

Un choque de trens psicolóxico protagonizado por tres personaxes fronteirizos, atormentados e incómodos aos ollos do espectador desta dura historia de amores soterrados e vinganzas larvadas.

Ligazóns relacionadas:




Recomendacións Radioleiros

1 12 2008

Todos os venres, ás 13 horas, no 101.5 FM realizamos recomendacións de fondos bibliográficos: un infantil e xuvenil e outro de adultos.

Esta semana recomendamos «Os Grouchos» de M. Rivas para mozos/as e adultos e «Soidades» de Neus Moscada, para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Video de Manuel Rivas: Reflexión en torno á literatura no marco da presentación dos Premios Cálamo 2006.

 





Tertulia Literaria «La regenta»

1 12 2008

regenta2

O vindeiro 3 de decembro repartiránse os exemplares para a lectura do título «La regenta» de Leopoldo Alas «Clarín». A edición consta de dous volumes, de xeito que o primeiro lerase do 3 ao 10 de decembro e o segundo do 10 ao 17 de decembro.

clarin

La cultura moderna, que es la que con muy buen acuerdo procuramos adquirir, aún no está traducida al castellano.